ACTIVIDADES GASTRONÓMICAS


Santiago ofréceche unha combinación única: as súas xentes, a súa cultura, o seu patrimonio... e a súa mellor gastronomía. Do 1 de novembro ao 31 de marzo poderás gozar da súa gastronomía en restaurantes e bares, actividades e visitas temáticas e moitas propostas máis. Repetirás.

Catas con Maridaxe

Catas comentadas por especialistas, que combinan a degustación das mellores bebidas galegas (viños ou cervexas, dependendo da sesión) e os máis afamados produtos de Galicia.

 

Merco e cociño con...

Guiados en todo momento polos mellores chefs, os participantes cociñan no taller os produtos que antes mercaron no tradicional Mercado de Abastos.
 

Talleres gastronómicos para nenos

Os nenos aprenden gastronomía dun xeito divertido, elaborando pratos e petiscos fríos con produtos sans convenientemente seleccionados.
 

Outras actividades gastronómicas

Consulta aquí outras actividades de temática gastronómica dispoñíbeis todo o ano.