ACTIVIDADES GASTRONÓMICASSantiago ofréceche a súa mellor gastronomíaCada mes dedicado a un produto da tempada. Menús especiais en restaurantes, obradoiros de cociña, excursións temáticas....
Pincha nas imaxes para coñecer máis información de cada mes Durante cinco meses, do 5 de novembro ao 31 de marzo, Santiago de Compostela invítate a gozar do mellor da gastronomía galega: obradoiros de cociña, excursións temáticas, menús especiais nos restaurantes adheridos e moitas actividades máis. Cada mes dedicado a un produto da tempada. Menús especiais nos restaurantes adheridosUnha selección de máis de 20 restaurantes de Santiago de Compostela, tanto de cociña tradicional como de cociña innovadora, ofrecerán cada mes un menú especial en base aos produtos da tempada. Obradoiros gastronómicosOs mellores especialistas no produto do mes cociñan en directo as súas especialidades máis destacadas, explicando con detalle todos os procesos seguidos, de maneira que cada afeccionado poida posteriormente repetir a experiencia na súa propia cociña.
Cada un dos prestixiosos cociñeiros participantes explica no seu obradoiro as súas receitas e ofrece diferentes visións do traballo co produto de cada mes, dende as receitas máis tradicionais da cociña galega ata as máis innovadoras. Capacidade máxima: 45 persoas. Excursións temáticasDurante toda a campaña, entre o 5 de novembro e o 31 de marzo, organízanse excursións temáticas con guía acompañante para coñecer in situ, antes de chegar á mesa, os produtos protagonistas de cada mes: os sistemas de procesado, a súa comercialización e curiosidades sobre cada un deles.
|
|