OFERTAS

Do 5 de novembro ao 31 de marzo


ESTADÍA MÍNIMA 2 NOITES. Prezo por noite en cuarto dobre, con almorzo incluído, entre o 05/11/2007 e o 31/03/2008. IVE 7% non incluído.



avion + hotel

ESTADÍA MÍNIMA 2 NOITES. Prezos por persoa en cuarto dobre, con almorzo incluído + avión dende Madrid en liña regular clase turista. Consultar suplementos aéreos segundo a data de saída e dende outros aeroportos, así como suplemento cuarto individual. Desconto nenos e 3ª persoa a petición (consultar).  IVE incluído.

O PREZO NON INCLÚE:Traslado Aeroporto/Hotel/Aeroporto. Taxas de aeroporto. Suplemento carburante. Seguro turístico (opcional).



NOTA
.- Prezos NON VÁLIDOS  do 16 ao 20 de febreiro (Forum Gastronómico) e do 15 ao 23 de Marzo (Semana Santa).
info e reservas
compostur

www.SantiagoReservas.com

902 190 160
Horario Lu-Sab: 10-18h/Dom:10-14h

Ou na túa axencia de viaxes a través de

Para as 500 primeiras reservas

GRATIS:
Agasallo de recibimento
Bolsa con información turística da cidade

E ADEMAIS :
2x1 en la VISITA AUTOGUIADA á cidade con sistema MP3

Visita audioguiada aos puntos máis emblemáticos da cidade por medio dun cómodo sistema dixital MP3 que poderás manexar con facilidade, dosando os tempos da visita ao teu gusto ou repetíndoos as veces que queiras. Dispoñible en español, inglés, francés, alemán, italiano e portugués.

No momento de recoller o MP3 solicítase un depósito reembolsable a modo de garantía de devolución do aparello.

2x1 para os clientes deste programa (PVP: 12 €).
2x1 na visita guiada TOUR GASTRONÓMICO

Todos os sábados ás 11 h. Duración: 2 horas aprox.
Santiago, como capital de Galiza, exemplifica toda a tradición e riqueza gastronómica dunha cociña admirada pola calidade dos seus ingredientes do mar e da terra e con todas as vantaxes da dieta atlántica. Esta visita guiada  percorre tendas de alimentación tradicionais e o pintoresco e popular Mercado de Abastos, que é ademais conxunto monumental e o segundo lugar máis visitado tras a Catedral. Inclúe a degustación de produtos 100% galegos.

2 x1 para os clientes deste programa (PVP: 15 €).
2x1 na EXCURSIÓN COSTA DA MORTE-FISTERRA

Todos os sábados. Excursión de día completo.
A viaxe a Fisterra, o fin da terra para os romanos, e á recortada e perigosa Costa da Morte, é un rito ineludible para todos os que visitan Galiza. Terra de lendas ancestrais e de ecos de naufraxios, posúe unha beleza melancólica e a un tempo salvaxe, de irresistible encanto. 

Itinerario: Noia, Ría de Muros e Noia, Muros, Carnota, Cabo de Fisterra.

2 x1 para os clientes deste programa (PVP: 40 €).
Ofertas non acumulables. Para aproveitar as ofertas nestas actividades ten que contratalas á súa chegada a Santiago, presentando o bono do hotel no Punto de Venda Compostur (situado na Oficina de Turismo de Santiago, Rúa do Vilar nº 63

Outras actividades fora do programa:

  • Visitas guiadas
  • Tren turístico
  • Voos en avioneta
  • Balnearios e spas
  • Rafting
  • Sendeirismo
  • Golf
  • Paintball
  • Bicicletas...
  • ...E moito máis.

Outras excursións por Galiza:

  • Portugal-Galiza meridional (mar, jue)
  • Rías Baixas-Salnés (lun, me, ven)


Saídas garantidas en todas as excursións en temporada baixa para un mínimo de 6 persoas. Inclúen guía profesional acompañante durante o percorrido. O xantar non está incluído.

info e reservas de actividades
e excursións:



www.SantiagoReservas.com

902 190 160
Horario Lu-Sab: 10-18h/Dom:10-14h

Información adicional:

Prezos variables en función das actividades e o número de persoas. Posibilidade de traslado aos lugares de inicio das actividades. Itinerarios suxeitos a modificacións.