AGASALLO BENVIDA:

Mapa-póster debuxado de Santiago:
Semellante a un plano antigo, ten un indubidábel valor estético e cartográfico. O encadre escollido presenta a Santiago como unha cidade que se estende máis aló da zona intramuros. Contén ademais un rueiro.
PVP: 5 €. Gratis para os clientes deste programa

BOLSA CON INFORMACIÓN TURÍSTICA:

Guía gastronómica Santiago de Compostela:
Inclúe toda a información dos principais produtos e preparacións da afamada gastronomía galega, incluíndo anovadoras receitas, e datos moi útiles sobre restaurantes e rutas de tapas na cidade.
PVP: 10 €. Gratis para os clientes deste programa

Guía de Compras de Santiago de Compostela:
Unha guía de presentación impecábel que recolle un amplísimo directorio útil da oferta comercial de Santiago. Inclúe mapa despregábel no que se sinalan as distintas zonas comerciais e unha separata con información turística de carácter xeral.
PVP: 20 €. Gratis para os clientes deste programa

Flyer "Santiago é grande":
Folleto gratuíto que inclúe unha esencial primeira guía para "consumir" a cidade, o seu casco histórico e outras atractivas zonas.

 

Plano-guía oficial de Turismo de Santiago:
O mellor plano para descubrir a cidade, con información básica sobre rutas, monumentos e os principais servizos.

Folleto "Compostela Vívea":
Toda a oferta de visitas, excursións e actividades turísticas nun formato de peto.