A edición 2012 do concurso Santiago(é)Tapas contará con 72 establecementos participantes e 117 creacións a concurso.
Esta cifra supón a máis alta acadada nas cinco edicións do certame e a ela chégase tralo traballo de selección efectuado polo xurado os pasados luns 8 e martes 9, no que quedaron fóra algunhas das propostas na procura da excelencia. No 2011, foran 60 os locais e 113 as tapas que se puideran degustar na fase final.
Ao rematar a súa tarefa, o xurado quixo manifestar a súa satisfacción polo gran nivel das finalistas. Cantidade e calidade irán da man.
Hostelería Compostela é a organizadora desta edición da cita e quere agradecer especialmente a implicación dos hostaleiros composteláns para levar a bo porto este certame tan importante na dinamización do sector.
A expectación arredor do Santiago(é)Tapas é alta entre os afeccionados á gastronomía e en todos aqueles que colleron o seu “tapasporte” en anteriores edicións, como amosan o número de inscritos, moitos deles debutantes, e a actividade nos grupos das redes sociais (facebook e twitter oficiais e hashtag #santiagoetapas).
A cita será entre o venres 26 deste mes e o domingo 11 de novembro. Os establecementos participantes estarán englobados en cinco é(tapas): Praza do Obradoiro, Praza de Cervantes, Praza de Galicia, Praza Roxa e Camiño Francés.
As é(tapas)
Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.
Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante
Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.
Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.
Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, La Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo,O Catro.
A quinta edición do Santiago(é)Tapas está promovida e organizada por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Record e Estrella Galicia.
Santiago Turismo e Deputación da Coruña son colaboradores institucionais.
Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril.
O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Paradores, Pousadas de Compostela, Ultimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.
Toda a información irase subindo no portal web www.santiagoetapas.com .