Free cookie consent management tool by TermsFeed
O colectivo SANTIAGO(é)NOITE ofrece cócteles e combinados especiais con motivo do SANTIAGO(é)TAPAS 2012
imprimir cuaderno de viaje

O colectivo SANTIAGO(é)NOITE ofrece cócteles e combinados especiais con motivo do SANTIAGO(é)TAPAS 2012

16/10/2012

A quinta edición do Santiago(é)Tapas terá un complemento nocturno en forma de establecementos que ofrecerán novas creacións de cócteles con prezos reducidos. Trátase do Santiago(é)Noite.

Os cócteles de Santiago(é)Noite terán un prezo de 3,50 euros para os que presenten o seu tapasporte, o documento no que se sela o paso polos distintos establecementos.

Do 26 de outubro ao 11 de novembro, 17 locais da hostalería nocturna compostelá tomarán parte desta actividade.

A listaxe fórmana Armería, Atántico, Bolengo, Casa das Crechas, D3, Deluxe, Fonte Sequelo, Garoa, Kapital, La Cava de Saint James, La Flor, Makumba, Meia, O Boneco, Retablo, Shangó e Sónar. Todos eles manterán os seus horarios habituais de apertura con esta oferta.

Santiago(é)Tapas, para celíacos

O certame Santiago(é)Tapas dedica unha atención especial aos celíacos, que poderán gozar con seguridade dun bo número das receitas que concursan no mesmo.

Son 21 as creacións aptas para celíacos e estarán dispoñibles en 17 establecementos pertencentes ás cinco rutas. O total de participantes é de 117 tapas e 72 locais.

As tapas aptas para persoas celíacas estarán distinguidas como tales no tapasporte, no portal web
www.santiagoetapas.com e no resto de recursos do concurso. Do mesmo xeito, tamén contarán con distintivo as creacións vexetarianas e as doces.

A Asociación de Celíacos de Galicia, un ano máis, colabora coa organización do Santiago(é)Tapas e avala a idoneidade destas receitas para o colectivo. O traballo desta Asociación permitiu un aumento da sensibilidade a respecto desta doenza no sector hostaleiro, e na sociedade en xeral, nos últimos anos.

A do 2012 vai ser a edición con máis participación das cinco coas que conta o evento. Hostelería Compostela é a organizadora deste ano e quere agradecer especialmente a implicación do sector santiagués para levar a bo porto este certame tan importante na dinamización do sector.

Os 72 locais participantes forman un total de 5 é(tapas):

Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.

Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante.

Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.

Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.

Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, La Bodeguilla de San lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo, O Catro.

A quinta edición do Santiago(é)Tapas está promovida e organizada por Hostelería Compostela e conta co
patrocinio de Cash Record e Estrella Galicia.

Santiago Turismo e Deputación da Coruña son colaboradores institucionais.

Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril.

O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Paradores, Pousadas de Compostela, Ultimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.

Toda a información irase subindo no portal web www.santiagoetapas.com e actualizándose nas redes sociais nos grupos das redes sociais (facebook e twitter oficiais e hashtag #santiagoetapas).