A V edición do Santiago(é)Tapas xa ten os seus premiados, que se fixeron públicos na Festa do Socio 2012 de Hostelería Compostela. A gala foi na noitiña de onte, nun Parador Hostal dos Reis Católicos que acolleu a centos de hostaleiros que honraron a súa patroa, Santa Marta.
O Primeiro Premio do xurado Santiago(é)Tapas 2012 foi para Ravioli de boi de mar da TAFONA, merecedor de 2.000 euros.
O Segundo Premio do xurado Santiago(é)Tapas 2012 recaeu no “Fish Coffee” de O CURRO DA PARRA, cun importe de 1.200 euros.
O Terceiro Premio do xurado Santiago(é)Tapas 2012 foi para Fabas de Lourenzá con setas e algas, do ACIO; o seu galardón é de 1.000 euros.
O Premio Tapa do Público 2012 distinguiu a Crema callada de castañas con bombón de mirabeles, licor café e mandarina, do PUERTA DEL CAMINO. Ser a creación máis valorada polos clientes outorgou 800 euros.
O Premio (e)xcelente 2012 foi para EL OLIVO. Este galardón de 500 euros premia o trato, as instalacións e, en xeral, a experiencia de consumir no local.
Ademais, na gala destacouse o gran nivel que tivo un concurso e salientouse a calidade do resto de finalistas que foron: Castelao, El Pasaje, Manso, Mesón de Lázaro,
Con 72 locais participantes, 117 tapas que superaron a fase de preselección, case 33.000 creacións consumidas, e case 20.000 votos válidos emitidos polo público, o Santiago(é)Tapas bateu todos os récords de participación, público e ventas, con 200.000 euros de negocio xerado entre o 26 de outubro e o 11 de novembro de 2012.
Durante o evento, realizouse un percorrido polos 36 anos de historia de Hostelería Compostela, un colectivo empresarial pioneiro en Galicia. Tamén recibiron unha homenaxe dous persoeiros senlleiros do sector: Marcelino Couso, fundador do Hotel Maycar; e José Calvelo, propietario do Mesón do Arrieiro.
José Calvelo e Marcelino Couso, os dous homenaxeados, destacan pola súa extraordinaria traxectoria persoal e o seu papel como membros activos, durante anos, das Xuntas Directivas da Asociación
O Santiago(é)Tapas 2012 estivo organizado por Hostelería Compostela e contou co patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia. Turismo de Santiago e a Deputación da Coruña foron colaboradores institucionais.
Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Gadis, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.
Ademais, 28 empresas colaboraron con produto enogastronómico, ceas degustación para 2 persoas e aloxamentos en réxime almorzo.