O concurso Santiago(é)Tapas 2012 continúa a bo ritmo e xa superou os 20.000 petiscos consumidos nos 72 locais que participan nesta V edición do concurso, que conclúe o vindeiro domingo 11.
Santiago(é)Tapas conta cun total de 117 creacións a un prezo de 2 euros.
Os establecementos participantes amósanse satisfeitos coa marcha da cita. Hai cinco premios en xogo para eles dos que o xurado outorgará tres: o Primeiro premio á mellor tapa conta con 2.000 euros; o Segundo, con 1.200 euros; e o Terceiro galardón é de 1.000 euros.
Ademais, o público tamén asignará dous premios. O creador da mellor tapa para o público recibirá 800 euros; e o establecemento que acade a maior excelencia para os seus visitantes acadará 500 euros.
Os clientes, ao deixaren os seus datos nos votos con forma de pousavaso entran nun sorteo de 3 lotes con produtos enogastronómicos, estancias en hoteis e comidas en restaurantes adheridos.
Un posto situado na Praza de Galicia é o lugar onde se entregan os premios directos aos que completan os diferentes vieiros. Funciona todos os días de 12:00 a 14:00 da mañá e no serán de 17:00 a 21:00.
O certame dedica unha atención especial aos celíacos, con 21 creacións aptas para o colectivo dispoñibles en 17 establecementos. A Asociación de Celíacos de Galicia colabora coa organización e avala a idoneidade destas receitas. Ademais, tamén hai petiscos vexetarianos e doces.
Tamén ata o domingo, 33 establecementos de hospedaxe da cidade de 5, 4, 3, 2 e 1 estrelas ofertan un incentivo que ofrece dous días de estancia en habitación dobre, almorzo, visita guiada á zona monumental, viaxe en tren turístico, un paraugas promocional, entrada á exposición “Gallaecia Petrea” na Cidade da Cultura e vales para a degustación de tapas no concurso.
E, xa pola noite, chega a oportunidade de probar o Santiago(é)Noite. 17 locais da hostalería nocturna toman parte desta actividade, mantendo os seus horarios habituais. Os cócteles de Santiago(é)Noite teñen un prezo de 3,50 euros para quen presente o seu tapasporte.
O certame conta con moita actividade nas redes sociais (@santiagoetapas e facebook/santiagoetapas) e no portal web www.santiagoetapas.com.
O Santiago(é)Tapas 2012 está organizado por Hostelería Compostela e conta co patrocinio de Cash Récord, división de autoservicios maioristas de Vegalsa-Eroski; e Estrella Galicia. Turismo de Santiago e a Deputación da Coruña son colaboradores institucionais.
Os produtos recomendados son Rioja Valserrano, Ribeiro Gran Reboreda, Mencía Alma de tinto, Xenebra Nordés e Aceites Abril. O concurso conta coa colaboración do Mercado de Abastos de Santiago, Coca Cola, Lidl, Banco Etcheverría, Gadis, Paradores, Pousadas de Compostela, Utimaq, Equip ‘ Hotel, Frutas Merca Lozano e o grupo Santiago é Noite.
Ademais, 28 empresas colaboran con produto enogastronómico, ceas degustación para 2 persoas e aloxamentos en réxime almorzo.
Os participantes
Os 72 establecementos participantes forman un total de 5 é(tapas):
Praza do Obradoiro: Mercedes Morigosa, AC Palacio del Carmen, Acio, Enxebre-Hostal dos Reis Católicos, Ángel, O Celme do Caracol, A Casa do Medio, Los Caracoles, Central, San Jaime, Rúa Villar, Cre-Cotte, Kuntshalle, A Curtidoría e Xuntanza.
Praza de Cervantes: O Piorno, Abastos 2.0, Pazo de Altamira, Casa Pepe, Tafona, Paso del Noroeste, O Curro da Parra, La Flor, Bicoca, Texturas Galegas, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Hervor & Fervor, Broa e O Elefante
Praza de Galicia: Antollos, M* Café e Copas, Venecia, Descorche, La Cantina de A Curtidoría, La Codorniz, Caney, Calderón, Pecaditos, Negreira “O Patata”, El Pasaje, Porta Faxeira, O’ 42 e O Boteco.
Praza Roxa: O Ferro, La Bodeguilla de Santa Marta, Artesana, Manso, Castelao, J de Joker, Leal, La Cavita, A viña de Xabi, Galopín, Vivacce, Rincón de Gurpegui, Libeliña, Señor con Bigote e Tryp Santiago.
Camiño Francés: Husa Santiago Apóstol, Puerta del Camino, Bodeguilla de San Lázaro, Mesón de Lázaro, Casa da Viña, A Grella, El Olivo, Casa Tato, A Moa, O Afiador, La Barrika, Casal do Cabildo,O Catro.
No Santiago(é)Noite están: Armería, Atántico, Bolengo, Casa das Crechas, D3, Deluxe, Fonte Sequelo, Garoa, Kapital, La Cava de Saint James, La Flor, Makumba, Meia, O Boneco, Retablo, Shangó e Sónar.